Peches de estrada. O Gran Camiño 2026
Cortes de estrada en Ribeira Sacra polo paso da proba ciclista O Gran Camiño este venres 17 de abril
Ribeira Sacra, 15 de abril de 2026
O vindeiro venres 17 de abril, diferentes estradas de Ribeira Sacra poderán verse afectadas por cortes puntuais ou totais de tráfico con motivo do paso da proba ciclista O Gran Camiño, segundo a información facilitada polos concellos e pola organización da proba na súa páxina web.
- N-120, desde Ourense ata Os Peares: entre as 13:00 e as 14:00 horas.
- Estrada que une Os Peares co embarcadoiro de Santo Estevo e o pobo de Loureiro (Nogueira de Ramuín): entre as 13:30 e as 14:30 horas.
- Estrada OU-0508, desde Loureiro ata o miradoiro de Cabezoás: entre as 14:00 e as 15:00 horas.
- OU-536, prevese a posibilidade de cortes puntuais entre as 14:00 e as 15:30 horas, no tramo comprendido entre o Alto do Couso e o Alto do Rodicio.
- No caso concreto do concello de Xunqueira de Espadanedo, tamén se informa de peche de accesos, entre as 13:30 e as 17:00 horas, de:
- Acceso de Ponte a Obellariza
- Xunqueira Centro
- A estrada que une Xunqueira de Espadanedo con Teimende (Parada de Sil) permanecerá cortada dende a noite do 16 de abril.
Os horarios indicados anteriormente son aproximados, segundo o rutómetro facilitado pola organización da proba. Os peches de estrada poderán ser puntuais ou totais e prolongarse máis alá das franxas horarias sinaladas, en función do desenvolvemento da etapa e das indicacións da Dirección Xeral de Tráfico (DGT).
RECURSOS TURÍSTICOS AOS QUE SE VERÁN AFECTADOS OS SEUS ACCESOS:
Como consecuencia destes cortes, poderían verse afectados os accesos aos seguintes recursos turísticos:
- Pobo dos Peares
- Embarcadoiro de Santo Estevo de Ribas de Sil
- Miradoiros de Pena do Pobre, Pé do Home, Vilouxe, A Columna, Cabezoás e Campo do Eirado
- Neveiros de Parada de Sil e Xunqueira de Espadanedo
- Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo
Dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra recoméndase ás persoas visitantes e aos profesionais do sector turístico planificar con antelación os desprazamentos, especialmente se teñen previsto acceder a miradoiros, embarcadoiros ou outros recursos situados nas zonas afectadas polo paso da proba ciclista.
Perfil, rutómetro, track e máis información sobre a etapa en O Gran Camiño.