Galería
Galería

Presentación accións 2ª anualidade Plan de Sostibilidade en Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira presentó un avance de las actuaciones llevadas a cabo durante la segunda anualidad del Plan de Sostenibilidad Turística

Ribeira Sacra, 19 de xullo de 2022

Na presentación, que tivo lugar na Praia da Cova (O Saviñao) ás 10:50 horas, o Presidente do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián, amosou e explicou unha selección de actuacións executadas durante a segunda anualidade (2022) do Plan de Sostibilidade Ribeira Sacra, entre as que se atopan un manual de boas prácticas para visitantes, unha plataforma de gobernanza participativa ou a lanzadeira que conecta Escairón (O Saviñao) coa Praia da Cova.

lanzadeira á Praia da Cova naceu como alternativa para a mellora da mobilidade e redución do impacto ambiental derivado da elevada afluencia de vehículos na contorna do recurso, especialmente no meses do verán. O servizo entrou en funcionamento o pasado 1 de xullo e estenderase ata o 12 de setembro. O transporte conta con 20 prazas e é gratuíto tanto para visitantes como para veciños/as. Para garantir dispoñibilidade, o Consorcio de Turismo habilitou a reserva de prazas a través da súa plataforma de xestión de entradas (https://turismo.ribeirasacra.org/gl/reservas). Supón un investimento de 15.000 euros.

Fíxose público, ademais, un manual de boas prácticas para visitantes; un conxunto de recomendacións e consellos dirixido a aquelas persoas que se acheguen ao xeodestino, que contribúan a xerar e manter un turismo responsable e sostible en Ribeira Sacra. O manual atópase a disposición na sección de descargas do portal web: https://turismo.ribeirasacra.org/gl/descarga-de-guias-e-mapas

Outra das novidades presetadas foi unha nova plataforma de gobernanza participativa, un espazo en liña onde as persoas residentes, empresarios, visitantes, asociacións e organismos poderán achegar o seu punto de vista, ideas, participar en debates..., no relativo aos proxectos a poñer en marcha no marco do PST e, en xeral, ao desenrolo turístico de Ribeira Sacra como destino. Xa está dipoñible para todas aquelas persoas que queiran participar na seguinte ligazón: participa.ribeirasacra.org


O Plan de Sostibilidade Ribeira Sacra implica un investimento total de dous millóns de euros, repartidos en 3 anualidades. Está cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. A parte correspondente ao Consorcio achégana os concellos en colaboración coas Deputacións Provincias de Lugo e Ourense. 

O acto en imaxes

Ver máis...