Plataforma on-line de participación cidadá CONSUL

Posta en funcionamento dunha plataforma para a participación cidadá, mediante o programa de software libre CONSUL.
O obxectivo desta actuación é contar cun espazo online onde as persoas residentes, empresarios, visitantes, asociacións e organismos poidan aportar o seu punto de vista, ideas, debates,...sobre o desenvolvemento turístico en Ribeira Sacra.
Data realización: xullo 2022
Ligazón a PARTICIPA RIBEIRA SACRA
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 5 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.