Proceso certificación SICTED

 

O Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra, en colaboración coa Xunta de Galicia a través do convenio de colaboración 2020 que se asinará proximamente, ten como obxectivo estratéxico potenciar a calidade das empresas e servizos turísticos do noso destino e certificar ao territorio como exemplo de xestión. É por iso que subscribimos un convenio de colaboración que permite implantar o proxecto SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos) no noso xeodestino. Unha oportunidade máis de consolidar Ribeira Sacra no sector turístico a nivel nacional e internacional.

Lembrámoslle que o SICTED é un programa de mellora da calidade das empresas cunha constante proxección en todo o territorio nacional, que consiste en realizar unha formación inicial (que se realizará en formato videoconferencia cunha duración estimada de 1 hora e media) e de dúas asistencias individualizadas a cada unha das empresas para axudarlle a mellorar a súa competitividade turística e a comprometerse na mellora do destino Ribeira Sacra. Ditas asistencias terán unha duración aproximada de 2 h cada unha sendo a primeira delas en formato telemático. Ao finalizar o proceso, as empresas que demostren o cumprimento dos requisitos adaptados ao seu subsector obterán un selo de recoñecemento avalado pola Secretaría de Estado de Turismo.


Nestes momentos, abrimos o prazo de adhesión para que as empresas poidan participar no devandito programa de forma gratuíta comunicando a súa intención cubrindo e enviando o protocolo de adhesión.

Debido aos beneficios que achega o proxecto e ao ter unha cota limitada de participantes, existe unha gran demanda de empresas e servizos turísticos que manifestaron a súa intención de participar no mesmo, é por iso que o proceso de adhesión respectará a orde de chegada das solicitudes asinadas, pechándose unha vez cuberto a cota establecida en 30 prazas.

O prazo de solicitude rematará o vindeiro mércores 12 de agosto ás 16:00 h. Só se ampliaría se non se completase o aforo. Nese caso, enviariamos un novo correo electrónico avisando da ampliación do prazo e do número de prazas  dispoñibles.

Para máis información poden dirixirse á xerencia do Consorcio de Turismo a través deste mesmo correo ou consultar a páxina www.calidadendestino.es

 

*A páxina que figura no formulario www.calidadendestinos.org será accesible con usuario e contrasinal para as empresas que se adhiran.

Pode descargar o Protocolo de Adhesión SICTED - Ribeira Sacra aquí