Rallye Ourense Ribeira Sacra 2023

O 15 e 16 de setembro disputarase o Rallye Ourense Ribeira Sacra, unha das probas puntuables para o Campionato Galego de Rallyes. VISITANTES: atención a cortes de estrada (ler máis abaixo).

Ribeira Sacra, 6 de setembro de 2023

A continuación, detallamos as vías afectadas e horario no que permanecerán cortados os accesos:

  • Acceso a Luíntra pola N-120 vía Penalba: cortado en horario de tarde, o 16 de setembro. ALTERNATIVAS:
    • Pola N-120 ata Vos Peares e despois, tomar a estrada que conecta co embarcadoiro de Santo Estevo. 
    • Pola OU-536 ata o encoro de Cachamuíña e despois pola OU-0508 dirección Luíntra. 
  • O resto de estradas que permanecerán cortadas NON son accesos habituais a recursos turísticos. 


Para aqueles afeccionados/as ao mundo do motor, deixamos ligazón aos horarios e mapa dos tramos cronometrados: GZ Rally | Pé a Chapa Racing

Máis información: Perfil Facebook Oficial Rallye Ourense Ribeira Sacra