Ribeira Sacra, destino SICTED
Temos o pracer de comunicar que o xeodestino Ribeira Sacra forma parte xa do grupo SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística en Destinos).
Conseguir esta certificación era unha pretensión de hai tempo para o Consorcio, pero a falta de recursos ̶ humanos principalmente ̶ imposibilitou ata este ano asumir as tarefas e xestións que conlevaba ese proceso. Ademais, a situación da pandemia e a caída da actividade a partires do 15 de setembro fixo posible que os axentes dispuxesen de máis tempo para adicarse a adaptar os seus servizos aos criterios que marca este selo.
O SCTE Destinos persegue un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista dentro dun mesmo destino, de maneira que non se aprecien deficiencias de calidade substanciais entre os diferentes produtos (axentes) que compoñen a oferta no destino.
O Consorcio determinou o SICTED como un proxecto estratéxico para a mellora da competitividade turística do destino nun contexto crucial como é o proceso das candidaturas ante a UNESCO como Patrimonio da Humanidade e Reserva da Biosfera.Para iso, dende agosto de 2020, leváronse a cabo as seguintes actuacións de posta en marcha do proxecto de implantación do SICTED no xeodestino:
Agosto 2020
Sensibilización e captación de empresas
Formación ás empresas
ATI's (Asistencia Técnica Individual) ás empresas - En liña por mor da COVID
Setembro 2020
ATI´s ás empresas - Visitas presenciais
Outubro 2020
Avaliacións externas
Novembro 2020
Aprobación do regulamento e constitución da Mesa de Calidade do destino
Decembro 2020
Obtención do distintivo para 22 das 34 empresas participantes.
Despois de realizar todas as fases do proxecto, finalmente conseguiron o distintivo este ano as seguintes empresas/entidades/servizos:
- SILTRIP
- CASA RURAL O CANTO DA TERRA
- CASA DO ROMUALDO
- APARTAMENTOS RÍO SIL
- CASA VISTABOA
- ADEGA CONDADO DE SEQUEIRAS
- CASA DARÍO
- OFICINA DE TURISMO CONCELLO DE CHANTADA
- RUTAS SACRAS S.L.
- HOTEL CONDES DE LEMOS
- CASA SANTIAGO
- ENOTURISMO GALICIA
- APARTAMENTOS RIBEIRA SACRA
- CASA SOLVEIRA
- HOTEL MOGAY
- MÁIS QUE ROMÁNICO, RUTAS
- OFICINA DE TURISMO CONCELLO DE PARADA DE SIL
- CASA GRANDE DE COVAS APARTAMENTOS TURÍSTICOS
- NOVAS RUTAS
- RURAL LUXURY POMBAR
- CASA- MUSEO FÁBRICA DE CHOCOLATE
- PORTOMIÑO
- REMANSO DOS PATOS
- RESTAURANTE A CANTINA
O distintivo ten validez bienal, aínda que está condicionado a unha avaliación anual de seguimento.
Nos vindeiros días, o Consorcio recibirá os diplomas acreditativos da Secretaría de Estado de Turismo e, tan pronto a situación da COVID-19 o permita, terá lugar un acto de entrega aos establecementos e servizos distinguidos.
Máis información sobre o SICTED en: https://www.calidadendestino.es/