Galería
Galería

Sacra Festival 2018

Dende a organización do Sacra Festival consideran a cultura en xeral como un ámbito privilexiado para favorecer o progreso social. Dende esta perspectiva, arte e cultura deben ser entendidas como factores vitais na construción e fortalecemento tanto dos lazos sociais e da comunidade como da identidade individual e persoal. Consideran, ademáis, que esta é unha iniciativa transformadora e un exercicio de responsabilidade, para poñer nas mans de todo público unha selección de artistas que buscan canles de comunicación có espazo natural, neste caso, un lugar onde a enoloxía é un punto esencial a ter en conta.

 

Os espectáculos serán gratuitos con fin de facer que todo tipo de persoas, sen depender da súa clase económica, poidan participar de este evento, onde a paisaxe é vital para dar forma a un encontro entre artistas e público. Os organizadores matizan que todas as propostas elixida adáptanse ao espazo natural e nalgún caso a espazos interiores, integrados na paisaxe como casas abandonadas ou igrexas sitas no medio da Ribeira Sacra do Miño. Plataformas, iniciativas e ferramentas coas que comunicar(se) e, a súa vez, por en mans do público unha serie de representacións visuais, literarias e escénicas coas que poder entender a realidade e a percepción dos/as creadores/as e a relación coa natureza. No caso das catas ao aire libre, salienta a importancia desta paisaxe arredor do mundo do viño, tanto o ecolóxico como diferentes adegas xa recoñecidas a nivel nacional e internacional.
 

É por todo isto que o Sacra Festival é unha cita multifacética e integral, unha programación de exposicións e artes escénicas, unha secuencia de experiencias formativas e unha publicación, dende a que entablar diálogos e complicidades con organizacións, institucións e persoas, coa fin de promover un maior coñecemento da identidade de cada un dos artistas e da comunidades, como no caso das tres propostas comunitarias e de inclusión social, así como un pequeno apartado adicado á infancia. 

 

PROGRAMACIÓN 2018

Venres, 25 de maio

19:00h: Recollida da xente, diante da Casa da Cultura de Chantada.

19:30h- Casas de Fenosa e Encoro de Belesar: Instalacións Efímeras (Corpo Natura de Gimena Berenguer e Raíz de Rebeca Ponte) e La desmemoria, Experimentadanza.

21:30h- Campo da Feira, Os Pendellos (Chantada): Cata "As Xeracións"- Enoloxía ecolóxica interxeracional. 

22:00h-Campo da Feira (Chantada): Actuación da Banda de Música de Chantada (Director: José Manuel Mosquera). 

22:00h- Campo da Feira (Chantada): Cea do Festival (15€/adultos, 8€/nenos). 

23:30h- Campo da Feira (Chantada): Catapoemas, Enoloxía ecolóxica e lecturas poéticas. 

00:30h- Campo da Feira (Chantada): Óscar Cuesta (Ramone!), Música electrónica. 

Sábado, 26 de maio

16:30h: Recollida da xente diante da Casa da Cultura de Chantada. 

17:00h-Abadía da Cova (O Saviñao): Quebradas imperfectas, Colectivo El Brote e Danza integrada. 

17:30h- Praia da Coba (O Saviñao): Danzas prehispánicas. 

17:45h-Praia da Coba (O Saviñao): ¡Jáuujajajá!, Kiala Manta, Sabela Fondevila, Ángel de la Aleja e Teatro social. 

18:45h- Ponte de Belesar (Chantada): Intervención artística no espazo: Óscar Cuesta (Ramoné!) e Leo Rodríguez; Danza contemporánea e música electrónica. 

20:00h- Adega Escintilla (Chantada): Cata Ideas e Enoloxía ecolóxica. 

21:00h- Adega Escintilla (Chantada): Cea e cata guiada por Roberto Regal (25€/Adultos e 10€/nenos).

22:00h-Adega Escintilla (Chantada): Actuación de Victor Duplá e Teatro. 

22:15h-Adega Escintilla (Chantada): Concerto de Rebeca Jiménez. 

Domingo, 27 de maio

11:00h: Recollida da xente diante da Casa da Cultura de Chantada. 

11:30h-Taboada: Roteiro de Cata Hábitats (1 hora aprox).

13:00h- Ponte Mourulle (Taboada): Torre de Babel, AC Diversos-Compañía 5s e Danza teatro inclusivo. 

14:30h- Adega Enonatur (Taboada): Cata técnica de viños e xantar (25€/Adultos e 10€/nenos).

16:00h: Concerto de Cardigan Bridge.

OBRADOIROS (Sábado e Domingo, de 10:00 a 11:30h-Prazas limitadas)

  • Pintura e títeres
  • Fotografía
  • Danza
  • Danza Prehispánica

 

MÁIS INFORMACIÓN

http://sacrafestival.org/

sacra@sacrafestival.org

663 301 765

INSCRICIÓNS: http://sacrafestival.org/inscripciones/

 

 

Sacra Festival