Servizos de lanzadeira Ribeira Sacra verán 2024

O Consorcio de Turismo retoma no verán de 2024 o servizo de transporte en autobús lanzadeira aos principais recursos do destino, como medida para evitar posibles problemas de estacionamento e para facilitar o acceso aos embarcadoiros, mosteiros ou áreas de ocio con elevada afluencia de visitantes, como a Praia da Cova.

Ribeira Sacra, 5 de xullo de 2024

O servizo entre Monforte de Lemos e o Embarcadoiro de Ponte do Sil, así como o de Castro Caldelas e o Embarcadoiro de Abeleda serán gratuítos e funcionarán entre o 17 de xullo e o 31 de agosto,

A lanzadeira Escairón - Praia da Cova comezará o 19 de xullo e finalizará o 8 de setembro, estando operativa venres, sábados, domingos e festivos.

Aconséllase a reserva previa de praza para garantir dispoñiblidade. Se a plataforma non lle ofrece dispoñibilidade para o número de prazas solicitadas, contacten no 638 823 592.

 

HORARIOS DOS SERVIZOS DE LANZADEIRA RIBEIRA SACRA VERÁN 2024 (reservas ao final da páxina): 

  LANZADEIRA MONFORTE DE LEMOS - DOADE - EMBARCADOIRO PONTE DO SIL 
Punto de saída:
Parque dos Condes* (Monforte de Lemos) AO FONDO DO APARCADOIRO - ZONA AUTOBUSES
Parada intermedia: Doade (Sober)

IDA (Monforte de Lemos - Doade - Ponte do Sil):
- Saídas dende Monforte de Lemos: 9:55, 12:10, 14:55, 16:25, 17:35, 18:55.
- PARADAS intermedias en Doade (pobo): 10:20, 12:35, 15:20, 16:50, 18:00, 19:20.
- Chegadas a Ponte do Sil: 10:30, 12:45, 15:30, 17:00, 18:10, 19:30.

VOLTA (Ponte do Sil - Doade - Monforte de Lemos):
- Saídas dende embarcadoiro Ponte do Sil: 10:40, 13:40, 15:30, 17:00, 18:10, 19:40, 21:10.
- PARADAS intermedias en Doade: 10:50, 13:50, 15:40, 17:10, 18:20, 19:50, 21:20.
- Chegadas a Monforte de Lemos: 11:15, 14:15, 16:05, 17:35, 18:45, 20:15, 21:45.

LANZADEIRA CASTRO CALDELAS - ABELEDA - EMBARCADOIRO ABELEDA
Punto de saída:
Praza do Prado (Castro Caldelas)
Parada intermedia: Abeleda pobo (A Teixeira)

IDA (Castro Caldelas - Abeleda - Embarcadoiro Abeleda):
- Saídas desde Castro Caldelas: 10:10, 12:25, 13:15, 15:00, 16:40, 17:25, 18:15, 19:10, 19:50
- PARADAS intermedias en Abeleda (pobo): 10:25, 12:40, 13:30, 15:15, 16:55, 17:40, 18:30, 19:25, 20:05.
- Chegadas a embarcadoiro Abeleda: 10:30, 12:45, 13:35, 15:20, 17:00, 17:45, 18:35, 19:30, 20:10.

VOLTA (Embarcadoiro Abeleda - Abeleda - Castro Caldelas):
- Saídas embarcadoiro Abeleda: 10:40, 12:55, 13:40, 15:30, 17:00, 17:55, 18:35, 19:30, 20:10.
- PARADAS intermedias en Abeleda (pobo): 10:45, 13:00, 13:45, 15:35, 17:05, 18:00, 18:40, 19:35, 20:15.
- Chegadas a Castro Caldelas: 11:00, 13:15, 14:00, 15:50, 17:20, 18:15, 18:55, 19:50, 20:30.
 

LANZADEIRA ESCAIRÓN - ARXERIZ - PRAIA DA COVA
Punto de saída 
Praza de España (Escairón, O Saviñao)
Parada intermedia: Arxeriz (O Saviñao)

En funcionamiento os venres, sábados, domingos e festivos; do 19 de xullo ao 8 de setembro.
IDA | Escairón - Arxeriz - Praia da Cova: 16:00, 17:30, 19:00.
PARADAS intermedias en Arxeriz: 16:15, 17:45, 19:15.
Chegada a Praia da Cova: 16:30, 18:00, 19:30.

VUELTA | Praia da Cova - Arxeriz - Escairón: 17:00, 18:30, 20:30.
PARADAS intermedias en Arxeriz: 17:15, 18:45, 20:45.
Chegada a Escairón: 17:30, 19:00, 21:00.

LANZADEIRA MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL   
Punto de salida:
Concello de Parada de Sil                

IDA (Parada de Sil - Mosteiro Santa Cristina): 10:30, 11:15, 12:00, 12:45, 15:30, 16:15, 17:00, 17:45, 18:30.
VOLTA (Mosteiro Santa Cristina - Parada de Sil): 10:50, 11:35, 12:20, 13:30, 15:50, 16:35, 17:20, 18:05, 19:15.
DATAS: 1 xullo ao 15 setembro.

Duración aproximada traxecto: 10 minutos


Servizo xestionado polo Concello de Parada de Sil.
 

LANZADEIRA MOSTEIRO DE SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL 
                      (SEN RESERVA PREVIA)
Punto de saída:
Aparcamento Santo Estevo (Nogueira de Ramuín)

De 11:00 a 14:00 y de 15:15 a 19:30 horas.
DATAS: 3 ao 31 agosto (todos os días) e fins de semana de setembro.
Custe: 1€
Servizo xestionado polo Concello de Nogueira de Ramuín.

 

Os servizos de lanzadeiras están financianciados pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra. 

RESERVA DE PRAZAS