Servizo de lanzadeira Escairón - Praia da Cova Verán 2022

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra poñerá en funcionamento un servizo gratuíto de autobús lanzadeira que conectará Escairón (O Saviñao) coa Praia da Cova, no marco do Plan de Sostibilidade Turística.

O servizo funcionará todos os días ENTRE O 1 DE XULLO E O 7 DE SETEMBRO.
 

Reserva de prazas: ata 1 hora antes da saída, ao final desta sección.


PUNTO DE SAÍDA: na Praza de España (Escairón, O Saviñao)


HORARIO*

Saídas dende Escairón: 12:00, 13:00, 16:00, 17:00, 18:00 e 19:15 horas

Saídas dende Praia da Cova: 12:30, 13:30, 16:30, 17:30, 18:30, 19:30, 20:00, 20:30 e 21:00 horas


PRAZAS: 20

PREZO DO SERVIZO: Gratuíto (recoméndase RESERVA PREVIA)


A TER EN CONTA: 

Os accesos por estrada á Praia da Cova continuarán abertos ao tráfico rodado. Non obstante, só se poderán utilizar as prazas habilitadas e sinalizadas na actualidade para o estacionamento, debendo deixar libre as beiras da estrada, habitualmente utilizadas polos vehículos para aparcar.

O Concello do Saviñao colaborará cun equipo de Protección Civil que informará a usuarios e controlará que se estacione de forma axeitada durante os primeiros días de funcionamento do servizo e sempre que se requira.


MÁIS INFORMACIÓN:


Esta iniciativa está cofinanciada polo Consorcio de Turismo, Secretaría de Estado de Turismo e Axencia de Turismo de Galicia, ao abeiro do "Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra".

 

RESERVA