Trens Turísticos de Galicia 2023 en Ribeira Sacra

Rutas, datas 2023 e compra de billetes para os Trens Turísticos de Galicia en Ribeira Sacra.

Ribeira Sacra, 25 de xaneiro de 2023

Turismo de Galicia daba a coñecer na pasada edición de FITUR as rutas e datas para o 2023 dos xa clásicos Trens Turísticos de Galicia

Nesta ocasión, Ribeira Sacra volverá contar cos 3 mesmos trens tematizados das últimas edicións, aínda que as datas de comezo para esta experiencia no noso destino atrasaranse ata agosto, debido ás obras que RENFE está a acometer para mellorar as vías do ferrocarril no tramo Ourense-Monforte de Lemos.

Para quen aínda non os coñeza, os Trens Turísticos de Galicia son rutas dun día de duración nas que os visitantes teñen a oportunidade de coñecer o noso territorio, acompañados dun guía especializado durante todo o percorrido e nas que están incluídos os traxectos en ferrocarril, os traslados complementarios en autocar e todas as actividades e visitas programadas para a xornada.

Os tres trens turísticos de Ribeira Sacra parten da Estación de Tren de Ourense, aínda que poderás contratar sen custo algún o traslado desde as estacións de tren de Santiago de Compostela e Vigo. 

A continuación, deixámosche as frecuencias, prezos e método de reserva para os trens turísticos de Galicia en Ribeira Sacra. 

SAÍDAS PROGRAMADAS:

  • Ruta do Viño de Ribeira Sacra (río Sil): 5 agosto, 2 e 23 setembro e 14 outubro. 
  • Ruta do Viño de Ribeira Sacra (río Miño): 26 agosto, 16 setembro e 7 outubro. 
  • Rutas dos Viños de Ribeira Sacra e Valdeorras: 12 agosto e 9 setembro. 


PREZO: 45€ adulto, 20€ nenos/as de 3 a 13 anos. 

Os trens turísticos de Galicia son unha iniciativa patrocinada e cofinanciada por Turismo de Galicia e Deputación de Ourense.


Reservas e compra de billetes: RENFE (Aberta venda só para algúns trens) 

Máis información e descarga de folleto: https://www.turismo.gal