Galería
Galería

XL Feira do Viño de Quiroga (2022)

A  Feira do Viño de Quiroga chega á súa 40 edición en 2022. Será a segunda cita vitivinícola do ano, despois da Feira do Viño de Amandi (Sober), e celebrarase os próximos 16 e 17 de abril de 2022.

Ribeira Sacra, 22 de marzo de 2022

 

PROGRAMA DE ACTOS

Desde o 6 ao 15 de abril

X Concurso "Quiroga de Tapas".  Org. Área de Xuventude

Venres 15

20:00 h . Cata de viños comentada a cargo do enólogo Juanjo Figueroa

22:00 h - Concerto Grupo Bafana Bafana, na Rúa Real

Sábado 16

Concurso de camisetas " Feira do Viño 2022".  Org. Área de  Xuventude

11:30 h - Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas 

- Desfile de bandas pola Rúa Real

- Actuación de bandas na Praza de España

11:45 h - Inauguración no recinto feiral a cargo do  Exmo. Sr. Conselleiro de Medio Rural, D. José González Vázquez

18:00 h - Actuación do Grupo de Gaitas "O Recanto" no recinto da feira

20:00 h - Recepción de autoridades na Casa do concello

20:30 h - Pregón a cargo de Iván Sánchez, actor cunha ampla traxectoria profesional en cinema, teatro e televisión. Traballou en series como "La Reina del Sur", "Hospital Central", "Aquí no hay quien viva", "El Comisario", "Periodistas", ..., e recentemente en "MasterChef Celebrity". Presentará o acto Dna. Manola Porto Arias, periodista de Onda Cero Monforte. 

21:00 h - Entrega de premios do Concurso de Camisetas "Feira do Viño 2022" no palco. 

21:00 h - Actuación do grupo "Atenas" no Recinto da feira. 

Domingo 17

11:00 h - Alborada e animación do recinto a cargo do Grupo de Gaitas "O Recanto"

12:30 h - Recepción de autoridades na Casa do Concello

12:45 h - Entrega de Trofeos aos adegueiros na Casa do Concello

17:00 h - Espectáculo animación infantil e familiar "Rufina e Benito" a cargo de Troula Animación na Rúa Real

18:00 h - Actuación da Charanga "Louband" no recinto da feira. 

 

Data: 16 e 17 abril 2022

Lugar: Rúa Real (Quiroga)

Máis información: Concello de Quiroga

Feira do Viño de Quiroga 2022