Galería
Galería

[2022] XVIII Feira Outrora (Bóveda)

O evento dará comezo o xoves 14 ás 10:00 horas cunha exhibición de escultura con motoserra.

Ribeira Sacra, 11 de xullo de 2022

O Concello de Bóveda presenta a programación da XVIII Feira Outrora que se celebrará en Rubián o vindeiro xoves 14 de xullo ao longo de toda a xornada. Artesanía, obradoiros, cociña, música e xogos encherán unha xornada festa que coincidirá co día de feira local.

Participarán na tradicional feira máis dunha ducia de artesáns, membros de Artesanía de Galicia. Tamén se levarán a cabo dous obradoiros dirixidos ás familias e dous concertos na capela, así como xogos tradicionais e unha festa da espuma para os cativos. 

A XVIII Feira Outrora suma como novidade este ano un showcooking de Tenreira Galega Suprema a cargo do chef Santi Almuíña. 


PROGRAMACIÓN FEIRA OUTRORA 2022

10:00 h. Exhibición de Escultura con Motoserra

10:45 h. Pasarrúas co Grupo de Gaitas Municipal

11:00 h. Apertura das exposicións e venda de Artesanía de Galicia

11:00 h. Obradoiros de artesanía para familias

12:00 h. Showcooking e Degustación de Tenreira Galega Suprema a cargo do Chef Santi Almuiña (Restaurante Colón) 

16:00 h. Obradoiros de artesanía para familias

18:00 h. Festa da Espuma

19:00 h. Xogos tradicionais

20:00 h. Concerto na capela: Dúo Ana Gayodo e Sara Méndez

21:00 h. Concerto na capela: Noemí Mazoy

22:00 h. Charanga e "Isco no Suizo"

23:00 h. Noite de Pasodobre 

 

Máis información: 

CARTEL FEIRA OUTRORA 2022