O Románico e máis

A profunda pegada que deixaron os nosos antecesores neste territorio vese reflexada no gran numero de igrexas románicas e mosteiros que floreceron ao longo de toda a Ribeira Sacra. A expansión do románico en Galicia e aquí moi visible ate o punto de ser considerada a principal concentración do románico rural en Europa.

Esta paraxe, que continúa sendo tan espectacular como fértil nos nosos días, atraeu ás comunidades monasticas desde comezos do Cristianismo. Estes grupos buscaban un asentamento que favorecese a vida ascética e ermitica. A vida nestes territorios comeza a organizarse ao redor destes mosteiros, cos seus dereitos sobre as terras, a organización dous cultivos, principalmente da uva, e o cobro de impostos.

Así iniciouse un importante periodo histórico no que se instaurou a cultura monástica nas beiras escarpadas do Sil e do Miño, cuxas pegadas patrimoniais chegaron ata os nosos dias. Templos de gran beleza como San Paio de Diomondi, Santo Estevo de Atan, San Miguel de Eire ou San Fiz de Cangas son algúns de moitos exemplos que poderás atopar nestas terras.

Non o perdas!

Consulta o servizo de Rutas Guiadas

Descobre algún dos lugares máis relevantes da Ribeira Sacra