Os Íbios de Sober

Contan polo concello de Sober que tralo diluvio universal chegou unha xente remontando o río Sil.
Viñan en barcas de caracocho de castiñeiro. Fondearon a altura de Portabrosmos, no Chanteiro e, alí fundaron o lugar da Íbia. Eran persoas altas e fortes, de caráctere valente e algo ruda. Dise que foron os descendentes de Noé e con eles trouxeron as primeiras vides plantadas nestas terras.
Se mirades ben pola zona, quizá podades albiscar restos de lagares de viño e de prensas aceite empregados polos Íbios entre as muras que compoñen os socalcos das actuais viñas.
Información e contacto

Chanteiro
Sober
Lugo