

Pazo Museo de Tor


Encontrase nas aforas da cidade. Acolle una importante biblioteca, catro salóns corridos, escalinata barroca e una colección de armaduras (séculos XIV-XV), así como mobles e pinturas do século XVI.
As orixes deste pazo están ligadas á liñaxe dos Garza desde o século XIV ata a súa doazón por parte da última herdeira á Deputación de Lugo no ano 1993, coa condición de que fose aberto a tódolos monfortinos e se mantivese o mobiliario e a distribución de aparellos e obras artísticas segundo estaban.
O edificio está situado nunha elevación natural que o converte en miradoiro sobre o val de Lemos. Construíuse a finais do século XVIII con estilo barroco matizado polo neoclásico. Con forma de U ten dúas plantas, a superior para residencia dos donos do pazo e a inferior para vivendas dos criados e todo tipo de dependencias necesarias como adega, cortes, cabalarías,…
Toda esta distribución e mobiliario orixinal en excelente estado de conservación fai que se converta nun lugar ideal para coñecer a vida nos pazos galegos, polo que a Deputación o converte en Museo Etnográfico pasando a formar parte da Rede Museística Provincial.
No ano 2006 abre as súas portas, con 17 dependencias co seu mobiliario orixinal, entre as que destacan a biblioteca, a sala de armas ou a sala de música, na que se atopan uns instrumentos de extraordinaria rareza: un claviórgano Longman & Broderip e un pianoforte Collard&Collard.
Pazo Museo de Tor
Información e contacto

San Xoan de Tor, s/n.
Monforte de Lemos
27591 Lugo


Equipamento e servizos


Accesibilidade

