ZEC Pena Veidosa - Rede Natura

Espazos naturais

O espazo protexido Pena Veidosa sitúase no centro da Dorsal Galega, a gran cordilleira que atravesa Galicia de Norte a Sur, e esténdese sobre un total de 2.321 hectáreas, repartidas entre os concellos de San Cristovo de Cea e Carballedo; pertencente este último ao xeodestino Ribeira Sacra.

Este espazo natural foi declarado en 2004 como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), dentro da Rede Natura 2000, pasando a contar coa figura de protección de ZEC (Zona de Especial Conservación) no ano 2014. A integración de Pena Veidosa na Rede Natura 2000 débese á importancia da flora e a fauna deste lugar.

Entre a flora, cabe destacar que a maioría da extensión do espazo protexido está composto por monte baixo, no cal abunda o breixo e os campos de gramínea. Destaca especialmente entre a flora o esfagno. En relación aos bosques, o carballo é a árbore con maior presenza.

A importancia faunística vén dada por presenza de animais case en perigo de extinción, como son, en canto a aves, o azor común, a curruca rabilarga, o gavilán común ou o aguilucho cenizo, entre outros. Destacan tamén, no relativo á fauna, outras especies como a píntega rabilarga, o cervo volante e diferentes tipos de morcegos (de bosque, ratoneros e de ferradura).

Xeológicamente tamén é un espazo moi interesante, xa que a erosión ocasionada polo vento deixou á vista nas zonas altas unha paisaxe marcada por enormes bolos de pedra granítica.

Información e contacto

Enderezo

Carballedo

Lugo

Cómo chegar Cómo chegar