Audioguía


Galería
Penedo do Garabullo e Fervenza de Fondós

Trátase dunha formación rochosa de gran tamaño por cuxo lateral discorre unha fervenza, a do Río Fondós, antes de desembocar no Miño.
Unha paraxe natural na que destaca tamén a vexetación, aciñeiras e sobreiras entre érbedos, salvia ou romeu dan lugar a un bosque mediterráneo único na zona.
Este lugar de singular beleza natural tamén foi durante moito tempo obxecto de numerosas lendas, a máis popular fala de que no tempo das bruxas, Ribeira Sacra estaba protexida delas pola influencia das numerosas igrexas e capelas que existen, excepto un lugar, o penedo do Garabullo, onde no seu cumio paraban as bruxas a descansar.
Non o perdas!
As cercanas igrexas de San Xoán da Cova e Santo Estevo de Chouzán, ou o miradoiro na aldea de A Grixoá.
Penedo do Garabullo e Fervenzá de Fondós
Información e contacto

Erbedeiro
Carballedo
Lugo