Tempo do percorrido
1 ou máis días

Ribeira Sacra con nenos

Con nenos

Desfrutar de Ribeira Sacra en familia, con actividades adaptadas a todas as idades, tamén é posible. Neste espazo queremos facilitarvos a planificación da vosa viaxe a Ribeira Sacra, propoñéndovos diferentes percorridos para visitar o noso destino en familia.

Son moitas as actividades en Ribeira Sacra que poden resultar de interese para os pequenos da casa, o público máis esixente, sen dúbida. Por iso, tratamos de axuntar todas elas para que tanto adultos como nenos gocen do seu paso por Ribeira Sacra.

Propoñemos distintas rutas dun día de duración, as cales se poden combinar para estancias longas ou escoller entre elas segundo o número de días en Ribeira Sacra ou lugar de hospedaxe. 

Do mesmo xeito que o resto de roteiros incluídos na sección de "Percorridos recomendados", están planificadas para que se comecen ao redor das 10:00 horas e se poidan realizar durante calquera época do ano, debido a que teñen en conta as horas de luz (na primavera e verán é probable que dea tempo a engadir máis recursos ou actividades). 


Preparados, listos... E a descubrir Ribeira Sacra en familia! ;)