Ribeira Sacra con nenos - Día 1

Con este percorrido poderedes visitar un castelo medieval, realizar unha pequenaruta de sendeirismo por pasarelas de madeira e rodeados completamente de bosque autóctono, visitar un mosteiro de conto e achegarvos a Cásaa Museo de Chocolate de Parada de Sil, único museo con esta temática de Galicia.
Comezaremos a xornada en Castro Caldelas. Alí, poderemos pasear polas súas rúas empredadas e achegarnos ao seu castelo medieval. No seu interior, o castelo conta con varias salas expositivas onde poderedes descubrir os aspectos máis relevantes desta vila.
A nosa seguinte parada serán as Pasarelas do Río Mao, unha pequena ruta de sendeirismo na que camiñaredes por pasarelas de madeira encladas no Canón do río Mao. Durante o camiño, atoparedes paneis interactivos nos que os pequenos poderán aprender sobre a fauna e a flora do lugar. Para chegar ás pasarelas dende Castro Caldelas, dirixirémonos primeiramente á LU-903 en dirección Monforte/A Teixeira, seguindo a sinalización para A Teixiera; e ao chegar ao núcleo da Teixeira, continuaremos cara Parada de Sil.
Ao finalizar esta pequena ruta, poñeremos rumbo a Parada de Sil, núcleo onde se atopan os Balcóns de Madrid, un dos miradoiros máis famosos de Ribeira Sacra. Aquí, ademais de contemplar as vistas, tamén poderedes descubrir un antigo foxo; construción que servía de trampa para os lobos.
A continuación, desde o mesmo núcleo de Parada de Sil, seguiremos as indicacións para o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Santa Cristina sitúase nun lugar de conto, a metade do Canón do Sil e completamente rodeado de castiñeiros (é o mosteiro máis próximo ao río).
Despois da visita, volveremos sobre os nosos pasos ata o núcleo de Parada de Sil e tomaremos a OU-0604 ata Teimende. En Teimende sitúase a Casa Museo do Chocolate. Alí, poderedes coñecer a tradición chocolateira deste pobo, así como apreciar as antigas máquinas que se utilizaban para a elaboración deste prezado manxar.
OBSERVACIÓNS
- Se realizades este percorrido no outono/inverno, é probable que algún dos recursos se atope pechado ou dispoña dun horario especial, tendo que variar seguramente a orde de visita destes dous últimos. Recoméndase revisar os horarios con antelación.
- Aconséllase comezar este itinerario coincidindo co horario de apertura do Castelo de Castro Caldelas.
- Se facedes esta ruta no verán podedes aproveitar para rematar a xornada na praia fluvial de Pradomao.
- O percorrido tamén se pode facer á inversa.
OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE
ONDE COMER · Preme aquí para descubrir os restaurantes máis próximos ao punto no que te atopes nese momento (poderás filtrar por concello).
MÁIS RECURSOS · Se queres completar o percorrido con outros recursos próximos ao punto no que te atopes, utiliza o mapa interactivo, seleccionando na procura o concello no que te sitúes nese momento (opción recomendada soamente para épocas do ano nas que hai abundantes horas de luz).


O monumento máis emblemático da localidade. Este Castelo está emprazado sobre unha altura ao pé da antiga vía romana dende onde se domina toda a vila e se contempla un amplo horizonte

Partindo da Fábrica da Luz, poderemos recorrer as pasarelas do canón do río Mao ata a súa desembocadura no río Sil.

Un dos miradoiros máis espectaculares de Galicia e sen dúbida o máis mediático de Ribeira Sacra.

NO VERÁN PROHÍBESE O ACCESO EN VEHÍCULOS PARTICULARES. É NECESARIA A RESERVA DE "COMBINADO MOSTEIRO+ BUS LANZADEIRA"
O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil está situado nunha paraxe espectacular no souto de Merilán.


Único museo do Chocolate en Galicia. Durante case un século, a familia Casares fabricou diferentes tipos de chocolate baixo a denominación comercial “Chocolates Caldelas” e “Chocolates Casares”, ata o peche, nos anos 80.
Non o perdas!
Neste percorrido pódese incluír o paseo en catamarán a primeira hora do día, desde os embarcadoiros de Ponte do Sil ou Abeleda (é preciso ter en conta que é probable que ao engadir o catamarán haxa que prescindir doutras visitas, sobre todo nas épocas con menos horas de luz).