Galería
Galería

Ponte Cabalar

Outro patrimonio histórico

Esta ponte está situada sobre o río Cabalar, conta cun só arco e calzada de lousas. Foi reconstruído no ano 1832 e veu a substituír outro que alí existía, xa que pasaba unha calzada romana, aínda que non chegou practicamente nada da súa fábrica romana ata os nosos días.

Declarado monumento histórico-artístico, ademais do seu valor construtivo, hai que destacar o valor paisaxístico do ámbito que a rodea, onde resaltaremos a existencia de dous muíños e a beleza dunha paraxe chea de encanto e intimidade, rodeado de árbores e cun continuo son da auga, sen olvidarnos da antiga fábrica de chocolate que foi construída por José Salgado alá polo 1889.

Camiño medieval e tamén xacobeo, que dende Terras de Sanabria chegaba a Sobrado de Trives e na Ponte Cabalar uníase coa Vía XVIII. Esta vía romana consérvase, neste tramo, en bo estado.
 

Ponte Cabalar

Información e contacto

Enderezo

A Pobra de Trives

Ourense

Cómo chegar Cómo chegar