

Ponte de Conceliñas

É esta unha ponte medieval, e de posible orixe romana, xa que se atopa nun camiño de entrada a Ribeira Sacra dende a zona de Caldelas. Hai quen sostén que por aí pasaba a Vereda Maiore romana que enlazaba coa Vía XVIII. Esta ponte permitiu, xunto con outros elementos xerar unhas sinerxías no territorio que explican a aparición de vías totalmente empedradas.
A ponte conta con un só arco, de 6,50 metros de altura e unha luz de 12,60 metros, construído con bloques de perpiaño e cachotaría e reformada a súa bóveda tras os danos causados por unha gran avenida. Na actualidade está aprobado un proxecto de consolidación e reparación para garantir a súa conservación.
Por este punto pasa a ruta de sendeirismo PR-G 177 Ruta do Canón do río Mao, de aproximadamente 16 quilómetros, e que percorre tamén as pasarelas do Mao e a necrópole de San Vítor de Barxacova.
No leito do río poden observarse marmitas de xigante, formacións na rocha provocadas pola erosión de pequenas pedras e a agua.
Desde o lugar onde se deixa o coche é preciso percorrer un camiño duns 325 metros, ou en tempo, uns 5 minutos.
Ponte de Conceliñas
Información e contacto

Forcas
Parada de Sil
Ourense
Equipamento e servizos

Accesibilidade
