
Galería
Ponte Piago

Ponte de arco en cantaría construída a mediados do século XVIII, nas obras de creación da OU-536, para unir as localidades da Rúa e Ourense.
Localízase no quilómetro 64,5 nunha zona estreita do val do río Navea, que separa os concellos de A Pobra deTrives e San Xoán de Río, e chama a atención a altura do seu enorme arco de medio punto, para poder salvar o desnivel existente entre os dous puntos da estrada.
A ponte era moi estreita e permitía o tránsito dun só vehículo, polo que despois de diversas obras, a finais do século pasado construíuse un novo e moderno viaduto que inutilizaba a vella ponte Piago. Así pois, quedou oculta e esquecida na natureza no val do Navea.
Ponte Piago
Información e contacto

A Pobra de Trives
Ourense