

Praia fluvial da Cova

ESPAZO DE ESTACIONAMENTO LIMITADO. RECOMÉNDASE SERVIZO LANZADEIRA 2024: Venres, sábados, domingos e festivos a partir do 19 de xullo. Reservas aquí.
A praia da Cova é a zona de baño máis coñecida da comarca, o que a converte nun lugar moi animado cando o tempo é propicio para o seu goce. O areal aproveita unha curva do río Miño para crear un lugar tranquilo e ideal para o baño, rodeado dunha espectacular paisaxe natural e de viñedos.
Ademais de gozar da praia e do baño, na praia da Cova é posible practicar deportes náuticos como o kaiak ou o paddle surf, pasear polo río en pedaleta ou camiñar polos sendeiros da contorna. Para completar os servizos da praia exite un restaurante xusto a carón da mesma.
Non o perdas!
Na contorna da praia podes atopar viñedos e adegas, miradoiros para impactarse co Cabo do Mundo, igrexas románicas como San Lourenzo de Fión e San Martiño da Cova, ou o Museo Etnográfico de Arxeriz.
Praia fluvial da Cova
Información e contacto

Rego da Lama
O Saviñao
27548 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

