Reacondicionamiento de fontes na contorna do Camiño de Santiago en Paradela

Esta actuación responde á necesidade urxente de intervención de dúas fontes no concello de Paradela. Unha delas situada no punto quilométrico 63-64 da estrada provincial LU-633 e a outra no lugar de Nai.
Dentro da intervención reacondiciónanse o pavimento, as propias pezas da fonte e a súa contorna inmediata, xa que estas contan cunha acumulación significativa de maleza e biomasa, mellora no sistema de canalización e drenaxe da auga, e por último a mellora da accesibilidade ás fontes.
Data realización: xuño 2025.
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 3 do Plan de Sostibilidade Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.