Galería
Galería

Rebolo da Pena

Espazos naturais

Recibe este nome por situarse no recinto do Pazo da Pena, unha antiga casa señorial do século XVI, hoxe reconvertida en establecemento de turismo.

O rebolo ou cerquiño da Pena é un excepcional exemplar. O seu tronco é de grandes dimensións e medra recto e sen se ramificar ata case tres metros de altura. A cruz está formada por oito brazos en disposición radial e inclinados cara ao exterior do exemplar, aproximadamente a dous metros vólvense ramificar, formando unha gran copa redondeada de case 25 metros de diámetro.

Manzaneda atópase situada no Macizo Central Ourensán. Trátase dun macizo montañoso no que conflúen os reinos florísticos eurosiberiano e mediterráneo, o que, xunto á variación altitudinal e á accidentada orografía, dá lugar a unha gran diversidade de hábitats e especies.

Na paisaxe agroforestal do macizo son frecuentes os soutos, reboleiras, bosques de ribeira, bidueirais, piñeirais, prados e matogueiras compostas principalmente por queirugas, xestas, piornos, carqueixas e carpazas.

Datos árbore (2021):

  • Altura (m): 26,30 
  • Perímetro normal (m): 4,15
  • Diámetro de copa (m): 24,70
  • Idade estimada: 150-200 anos

REBOLO DA PENA

Información e contacto

Enderezo

Pazo da Pena - Rozavales

Manzaneda

Ourense

Equipamento e servizos

De balde
Cómo chegar Cómo chegar