Mural "Reforestando Calystegia sepium, Herba dos ringorrangos"

Murais

O mural é unha composición botánica inspirada na especie vexetal Calystegia Sepium, unha pranta trepadora que crece en muros e paredes en diversos lugares de Ribeira Sacra, coas súas follas saxitadas e as súas grandes flores de cor branco puro.

Ringorrango dí o dicionario que é un adorno esaxerado, superfluo e innecesario. Entón, según un dos nomes comúns polo cal se coñece a esta pranta silvestre de luminosas flores, é a Herba do adorno esaxerado, superfluo e innecesario, ou sexa, Herba que te pasas de coqueta.

O mural atópase no lateral da Casa do Cultura, sendo visible dende o mosteiro do Divino Salvador.


Obra realizada por Doa Oa en 2021, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra.

Información e contacto

Enderezo

Praza do Concello (lateral Casa de la Cultura)

Pantón

27430 Lugo

Equipamento e servizos

Cafeterías
De balde
Aparcamento

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar