Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Río Cabe

O río Cabe nace na Serra do Courel e percorre a chaira de Monforte de Lemos ata chegar ó Canón do Sil, onde se une ao río Sil nunha zona moi encañonada.

O río Cabe nace a 900 metros de altitude no monte de Loureira. Recibe pola esquerda ao río Antiga, máis adiante verte na fosa de Lemos, que enche de sedimentos axudado polos ríos Sáa e Mao. Augas abaixo recibe ao río Cinsa e ao pequeno río de Ferreira.

A singularidade topográfica destas paisaxes é a causa tamén dás súas peculiaridades climáticas.

Pontes, muíños, pero tamén os pazos señoriais, adegas entre viñedos e arte relixioso forman parte da paisaxe que podes desfrutar arredor do rio Cabe.

Posúe unha vexetación de ribeira ben conservada e notable presenza de boga de río. Bosques de carballos galaico-portugueses, castiñeiros, breixo, toxo e vexetación de ribeira.

No apartado de fauna podemos atopar garza real, falcón pequeno, morcego, bufo e armiño, entre outros. A xineta e o gato montes son mamíferos tamén típicos deste espazo.

Non o perdas!

Existe unha festa dedicada a este río, “A festa do río”, que se celebra o último sábado de xullo en Monforte de Lemos.

Ver máis...