Galería
Galería

PR-G 179 Ruta do Río Miño

Sendeirismo

Nesta ruta lineal de once quilómetros de lonxitude descenderemos entre bosques autóctonos dende A Peroxa ata o leito do río Miño. Despois acompañarémolo pola súa beira augas arriba ata chegar aos Peares.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
11 km
Tempo da ruta
3 h 30 min
Itinerario da ruta
Lineal
Comezo
A Peroxa
Chegada
A Peroxa - Praia Fluvial dos Peares
Dificultade
Media
Desnivel
Subida: 505 m
Baixada: 505 m
M.I.D.E. 1 2 2 3

Comenzaremos a ruta nos arredores da poboación da Peroxa e iremos descendendo paulatinamente ao carón do Río da Barra cubertos a meirande parte do tempo por un bosque de ribeira. A pouco máis dun quilómetro do comezo veremos o Castelo de A Peroxa, dende o que é posible obter unha boa panorámica da contorna. Máis adiante chegaremos ata o río Miño, o cal seguiremos augas arriba durante varios quilómetros. Neste tramo iremos cubertos tamén por árbores típicos das ribeiras e chegaremos ata a praia fluvial dos Peares, onde remata a ruta. 

 

Non o perdas!

No caso de realizar esta ruta en época estival, recomendámosvos levar traxe de baño para refrescarvos na Praia fluvial dos Peares. Ademais, preto de Os Peares atópase o miradoiro de O Pombreiro, cunhas magníficas vistas panorámicas sobre o Canón do Sil.

PR-G 179 Ruta do Río Miño

Equipamento e servizos

Aparcamento
Fontes de auga
Roteiro sinalizado

Accesibilidade

En coche
En bicicleta