
PR-G 182 Ruta do bidueiral de Gabín

Nesta ruta circular de algo mais de nove quilómetros percorreremos o Bidueiral de Montederramo, pertencente a Rede Natura 2000, a través de pistas forestais e camiños de terra. Trátase dun bosque de bidueiros de gran importancia, xa que é un dos mais meridionais de Europa.
É posible chegar ao inicio da ruta a través dunha pista forestal que parte da aldea da Mogaínza, xeralmente atópase en boas condicións e pódese percorrer en turismo.
Comezaremos o noso percorrido nunha pista que ascende levemente entre piñeiros, chegando á parte alta do val. Unha vez arriba introducirémonos no bidueiral propiamente, comezando o descenso ata partes máis baixas da ladeira. Neste punto poderemos descubrir un denso bosque de bidueiros, carballos, acivros e outras especies características do sotobosque, que conforman o propio Bidueiral de Montederramo, que reflicte un dos exemplos de vexetación eurosiberiana máis meridionais de Europa. Trátase dunha zona pertencente a Rede Natura 2000 pola súa gran riqueza botánica. Finalmente rodearemos unha lomba e comezaremos o camiño de volta ao punto de inicio, salvando suaves desniveis.
Non o perdas!
Como prolongación desta ruta, esténdese pola cara norte da Serra de San Mamede a Ruta do Santo. O percorrido ascende a través de bosques de bidueiros, castiñeiros e vellos carballos ata a capela da Serra de San Mamede (1606 m.), lugar para descansar da subida desfrutando das marabillosas vistas da contorna. Para máis información, contactar coa Oficina de Turismo de Montederramo.
É moi recomendable facer unha parada en Montederramo e visitar o seu Mosteiro de Santa María, que data do século XII.
PR-G 182 Ruta do bidueiral de Gabín
Equipamento e servizos


Accesibilidade

