Galería
Galería

PR-G 183 Ruta dos viñedos de Belesar

Sendeirismo

Nesta ruta lineal de pouco máis de catro quilómetros descenderemos ao carón do río Miño por pistas e camiños ben coidados, camiñaremos entre viñedos e finalmente chegaremos a aldea da Veiga, augas abaixo. 

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
4,6 km
Tempo da ruta
1 h 30 min
Itinerario da ruta
Lineal
Comezo
Belesar
Chegada
A Veiga
Dificultade
Baixa
Desnivel
Subida: 344 m
Baixada: 287 m
M.I.D.E. 1 2 2 2

Esta ruta parte da poboación de Belesar, ao carón da ponte que une as dúas beiras do río Miño e comunica as dúas partes do pobo. Aos poucos metros de comezar a camiñar atoparemos enriba de nós a igrexa de San Bartolomeu de Belesar, elevada sobre o resto das vivendas. Poderemos ver tamén como case a totalidade das ladeiras do profundo val atópanse cultivadas e cheas de vides. A partir do segundo quilómetro comezaremos a ver cada vez máis vexetación arbórea e introducirémonos finalmente nela para chegar ao noso destino uns quilómetros mais adiante. 

 

Non o perdas!

Nos arredores de Belesar atópanse varias adegas nas que se pode coñecer o proceso de produción dos viños da zona e tamén desfrutar deles.

PR-G 183 Ruta dos viñedos de Belesar

Equipamento e servizos

Aparcamento
Roteiro sinalizado

Accesibilidade

En bicicleta
En coche