
PR-G 184 Ruta da Lagoa da Lucenza

Esta ruta circular de case dez quilómetros levaranos a ascender dende unha típica aldea do Courel, ata zonas máis altas da montaña que a rodea. Alí atoparemos a Lagoa da Lucenza, unha fermosa lagoa natural dende onde desfrutar dunhas fantásticas vistas. Trátase dunha ruta de certa esixencia a nivel físico, polo que compre ir preparados e concienciados.
Iniciaremos o noso percorrido en A Seara, unha antiga e restaurada poboación que conserva a esencia dos apartados pobos do Courel. Ascenderemos polo val do Forgas, un profundo regato que tras de nos se xuntará con outros para formar o río Selmo. Pouco a pouco iremos gañando altitude e comezaremos a ver o territorio que nos rodea, pasando por baixo do pico Formigueiros que cos seus 1641 metros é a cima de toda a comarca do Courel. Chegaremos entón a parte máis alta da nosa ruta, dende onde teremos unha espectacular panorámica de todas as montañas do noso entorno. Pouco despois comezaremos o descenso ata a Lagoa da Lucenza, por un sendeiro rodeado de vexetación autóctona. A Formación desta lagoa é de orixe glaciar, cando fai milleiros de anos o xeo cubría Europa e o norte da Península Ibérica. En inverno, cando se conxela e a contorna está nevada, podemos facernos unha idea máis próxima a como era naquel entón. Por último, descenderemos por outro profundo val ata chegar ao noso final na Seara.
Esta ruta percorre zonas que se atopan por riba dos mil metros de altitude e por terreo montañoso. E por elo preciso ser previsores e ter en conta factores como a climatoloxía, que nestas alturas pode xogarnos malas pasadas.
Non o perdas!
Recomendámosvos dar un paseo pola aldea de A Seara. Acercaravos un pouco máis a esencia desta zona de montaña, dedicada fundamentalmente a recolección tradicional da castaña.
PR-G 184 Ruta da Lagoa da Lucenza
Equipamento e servizos



Accesibilidade


Información e contacto

Quiroga
Lugo