
PR-G 187 Camiño do Ferradal

Esta ruta lineal de once quilómetros levaranos a través do profundo val do río Soldón por un camiño empedrado e rodeados de montañas. O seu nome procede do antigo camiño que se empregaba para baixar o mineral das minas da montaña ata as ferrerías da zona.
Comezaremos a ruta moi preto da desembocadura do río Soldón, próximos a aldea que leva o mesmo nome. Ao comezo iremos por un terreo chan pero pronto comezaremos un considerable ascenso ata cotas mais altas, dende onde as vistas farán merecer o esforzo. Continuaremos o noso avance sempre polo val do río Soldón, cruzando soutos de castiñeiros e pasando por antigas pequenas poboacións. Aos sete quilómetros cruzaremos o río por un pequeno ponte para introducirnos aínda mais neste profundo e encaixado val. Por último, tras pasar baixo Paradapiñol, chegaremos a Rugando, onde finaliza a nosa ruta.
Non o perdas!
Nas inmediacións da ruta atópase o Castelo de Torrenovaes, o cal recomendámosvos visitar. Ademais, na próxima poboación de Bendilló, atópase un muíño de aceite, que nos permite comprender como se conseguía este prezado líquido de maneira artesanal.
PR-G 187 Camiño do Ferradal
Equipamento e servizos



Accesibilidade


Información e contacto

Quiroga
Lugo