
PR-G 193 Ruta do Val do Río Quiroga

Nesta ruta semicircular de case nove quilómetros e medio, percorreremos un treito do val do río Quiroga. Veremos antigas casas e outras construcións, estando rodeados de vexetación autóctona, prados e fantásticas vistas
Esta ruta de sendeirismo percorre unha pista de terra paralela ao río Quiroga, ata chegar a aldea de Casa do Vello. Dende aquí ascenderemos por un sendeiro que nos levará a ermida de San Xoán, e descendemos polo val do río Pacios ata chegar ao pobo de As Barxas. Saíndo das Barxas, o camiño atravesa unha carballeira e atoparemos dúas alvarizas, antigas construcións circulares dedicadas a protexer as colmeas de abellas dos asaltos dos osos. Só nos quedará chegar á desembocadura do río Pacios no río Quiroga. Poderemos volver comodamente ao inicio da ruta tomando a pista de terra que percorremos inicialmente.
Non o perdas!
Cerca de esta ruta se encuentra la población de Quiroga, donde os recomendamos visitar sus interesantes museos. En el museo Geológico, único de este tipo en Galicia, podréis encontrar interesantes exposiciones acerca de varios temas, como por ejemplo la últipa era glaciar y cómo afecto a la zona.
PR-G 193 Ruta do Val do Río Quiroga
Accesibilidade

