PR-G 86 Sendeiro dos viñedos da Ribeira Sacra
A través desta ruta lineal de doce quilómetros percorreremos parte do canón do río Cabe, atravesaremos varios pobos e por último descenderemos entre antigos muíños ata o leito do río Sil.
Comezaremos a ruta no pobo de Rosende, percorrendo parte do canón do río Cabe entre os típicos viñedos construídos sobre socalcos que caracterizan esta zona. Mais adiante ascenderemos ata os pobos de Souto Novo e Hortás, e introducirémonos nunha masa forestal de piñeiros. A través de pistas de terra chegaremos ao regato de Xabrega, un pequeno arroio no que existen varios muíños restaurados. Acompañando a este regato, descenderemos ata chegar ao embarcadoiro dos Chancís no río Sil, onde remataremos a ruta.
Non o perdas!
Recomendámosvos a viaxe turístistica en catamarán que sae do embarcadoiro dos Chancís, donde remata a ruta.