PR-G 98 Canón do Sil – Santa Cristina
Nesta ruta circular de dezasete quilómetros e medio percorreremos os arredores de Parada de Sil a través de camiños tradicionais e pistas de terra. Tamén pasaremos preto do Mosteiro de Santa Cristina, podendo visitalo, e camiñaremos por unha ladeira do Canón do Sil. Esta ruta ofrécenos unhas preciosas vistas e poderemos achegarnos a lugares dun gran interese patrimonial.
Iniciaremos a ruta na Praza do Barquilleiro, en Parada de Sil. Comezaremos a descender a través de camiños tradicionais e pistas de terra por un profundo val habitado por moitos castiñeiros centenarios. Acompañaremos despois a un pequeno regato durante algo mais dun quilómetro para volver a ascender o val e chegar a Fondo de Vila. Dende aquí chegaremos ao famoso miradoiro dos Balcóns de Madrid e continuaremos camiñando por pistas desfrutando dunhas fermosas vistas ao Canón do Sil. Un pouco mais adiante chegaremos as inmediacións do Mosteiro de Santa Cristina, rodeado de vellos castiñeiros. Dende aquí só nos quedará continuar ascendendo ata chegar de novo a Parada de Sil, onde finaliza a ruta.
Non o perdas!
É moi recomendable consultar os horarios de apertura do Mosteiro de Santa Cristina para poder concretar unha visita ao conxunto.
Así mesmo tamén vos suxerimos acercarvos ao Canón do río Mao e visitar o paseo de pasarelas de madeira que parte da Fábrica da Luz.