Galería
Galería

BTT - Fábrica da Luz

BTT

Esta ruta, que é dura fisicamente, comeza na Fábrica da Luz, antiga central hidráulica reconvertida en centro BTT e albergue. Ao longo de doce quilómetros coñeceremos varios pobos e desfrutaremos dunhas fantásticas panorámicas dos canóns dos ríos Sil e Mao.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
12,34 km
Tempo da ruta
1 h 40 min
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
Fábrica da Luz
Chegada
Fábrica da Luz
Dificultade
Alta
Desnivel
Subida: 602 m
Baixada: 549 m
M.I.D.E. 3 3 3 4

Comezaremos ascendendo durante aproximadamente tres quilómetros por unha pista asfaltada ata San Lourenzo de Barxacova, onde nos agarda a primeira panorámica sobre o Canón. Tamén podemos desviarnos dende aquí as tumbas antropomórficas medievais que se atopan nos seus arredores. En San Lourenzo empataremos un tramo coa ruta circular de Para ata chegar a Calvos. Baixaremos dende aquí por unha pista rápida ata a beira do río Sil. Avanzaremos baixo árbores percorrendo a beira ata que nos atopemos de novo con outra subida rumbo a Costrela e Casanova. Durante un tramo duns cen metros deberemos votarnos a bicicleta ao ombreiro para salvar un estreito camiño entre viñedos. Xa para rematar, iremos a media ladeira por camiños colgados sobre o canón dende os que ver a desembocadura do Mao e, por último, ascenderemos por unha pista de terra de novo ata a Fábrica da Luz.

Non o perdas!

Recomendámosvos realizar o tramo da ruta de sendeirismo PR-G 177 Canón do Río Mao que vai dende a Fábrica da Luz ata a súa desembocadura. As súas magníficas pasarelas de madeira colgadas sobre a súa ladeira, ofrecen un camiño sinxelo e espectacular.

BTT - Fábrica da Luz

Equipamento e servizos

Fontes de auga
Aparcamento
Roteiro sinalizado

Accesibilidade

En coche
En bicicleta