Galería
Galería

BTT - Maquino Largaño

BTT

Ao longo desta ruta circular de case catorce quilómetros, avanzaremos ao interior do concello de Nogueira de Ramuín e avanzaremos despois a través da ladeira do Canón do Sil, chegando as inmediacións do Parador de Santo Estevo de Rivas de Sil.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
13,8 km
Tempo da ruta
1 h 50 min
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
Luintra
Chegada
Luintra
Dificultade
Media
Desnivel
Subida: 438 m
Baixada: 438 m
M.I.D.E. 3 3 3 3

Maquino Largaño significa ‘’Camiño Longo’’ en barallete. O barallete é unha xerga gremial propia dos oficios ambulantes (afiadores, cordeiros, barquilleiros…) creada co fin de non ser entendidos por persoas alleas ao oficio, podendo falar así libremente en presenza de calquera persoa.

A ruta comeza na poboación de Luíntra. Avanzaremos entre zonas de árbores autóctonos e prados ata chegar ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil despois dun pronunciado descenso. Dende aquí continuaremos a senda por unha inclinada ladeira do Canón do Sil entre antigos castiñeiros e pasando sobre algún regato. Nalgúns tramos a vexetación permítenos desfrutar dunhas boas vistas sobre o canón do río, a máis de trescentos metros en vertical baixo os nosos pés. Máis adiante abandonaremos esta ladeira e chegaremos as inmediacións dunha necrópole que data dos séculos III e I.V. a.C. Por último, tras pasar pola aldea de Monteverde, descenderemos por un antigo camiño empedrado ata chegar de novo a Luíntra, onde finaliza a ruta.

Non o perdas!

Resulta imprescindible realizar unha visita ao Parador Nacional de Santo Estevo de Ribas de Sil, antigo mosteiro hoxe recuperado.

BTT - Maquino Largaño

Equipamento e servizos

Aparcamento
Roteiro sinalizado
Postos de comida
Fontes de auga

Accesibilidade

En coche
En bicicleta