Galería
Galería

BTT - Os Torgáis

BTT

Sinxela ruta circular de apenas nove quilómetros na que veremos os arredores da poboación de Parada de Sil. Tamén nos aproximaremos ata un dos miradoiros máis icónicos da Ribeira Sacra.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
8,8 km
Tempo da ruta
1 h 10 min
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
Praza Campo da Feira (Parada de Sil)
Chegada
Praza Campo da Feira (Parada de Sil)
Dificultade
Baixa
Desnivel
Subida: 218 m
Baixada: 218 m
M.I.D.E. 2 2 2 3

Trátase da ruta máis sinxela do Centro BTT. Saíndo do edificio do Concello de Parada de Sil, baixaremos en dirección a Fondo de Vila por un bonito camiño entre castiñeiros e muros de pedra. Veremos un antigo foxo do lobo, construción doutros tempos que se empregaba para capturar lobos, moi preto do famoso miradoiro dos Balcóns de Madrid, tamén coñecido como Os Torgais.

Dende este punto descenderemos por un tradicional camiño empedrado ata Portela. Posteriormente ascenderemos por unha pista asfaltada de considerable pendente ata a Capela de San Antonio e continuaremos por unha pista de terra baixo carballos ata finalizar a ruta en Parada de Sil.

Non o perdas!

Recomendámosvos visitar o próximo Mosteiro de Santa Cristina, visita obrigada na Ribeira Sacra. Pódese descender en coche e tamén en bicicleta a través dunha pista asfaltada.

Os Torgais

Equipamento e servizos

Fontes de auga
Aparcamento
Postos de comida

Accesibilidade

En bicicleta
En coche

Información e contacto

Teléfono contacto
+34689683713