Galería
Galería

PR-G 138 Ruta Val do Glaciar de Prada

Sendeirismo

Comeza xunto a igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira, unha xoia da arquitectura barroca do S. XVIII, coñecida popularmente como a "Catedral das Terras de Manzaneda".
 

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
17,5 km
Tempo da ruta
4 h 30 min
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
Igrexa de San Miguel de Bidueira (Manzaneda)
Chegada
Igrexa de San Miguel de Bidueira (Manzaneda)
Dificultade
Media
Desnivel
Subida: 326 m
Baixada: 333 m
M.I.D.E. 3 2 2 1

Seguindo o río Requeixo chégase á aldea abandonada de Prada, que conserva parte da Capela de San Bartolomeu, así como varias das súas tradicionais casas de alta montaña, utilizadas na actualidade como refuxio invernal para o gando.

Ademais, pódese contemplar unha excelente panorámica sobre o Circo Glaciar de Prada, que data de entre 50.000 e 10.000 anos atrás e que someteu estas montañas da Serra de Queixa e O Invernadeiro a un proceso de abrasión glaciar.

Dende Prada, pasando polo Pontón, A Biduela e O Salgueiro, a través de camiños de alta montaña e pequenas congostras, regrésase á aldea de San Miguel de Bidueira. Á altura de Requeixo, existe a posibilidade de coller unha derivación da ruta principal e visitar a aldea de Placín.

 

PR-G 138 Ruta Val do Glaciar de Prada

Ver máis...