PR-G 157 Roteiro de Doade - Augasmestas
Nesta ruta lineal de 27 quilómetros de lonxitude camiñaremos entre fermosas paisaxes e tupidos bosques na zona oriental do Canón do Sil. A través deste sendeiro descubriremos pobos case abandonados, profundos vales e tamén outros ríos como o Lor.
Esta ruta comeza na aldea de Doade, na parte alta da ladeira norte do Canón. Comezaremos visitando o espectacular miradoiro de Pena do Castelo, que nos ofrece unhas boas vistas dos viñedos e do Canón, que aparecen baixo os nosos pés. Máis adiante atoparémonos varias aldeas tradicionais máis, rodeadas de prados verdes e densos bosques. De pronto, comezaremos un pronunciado descenso, que nos levará ata a base do gran Meandro da Cubela. Continuaremos avanzado moi próximos as augas do Sil para cruzar unha pequena ponte e comezar a ascender entre unha gran masa de piñeiros. Chegaremos así ata a aldea de Vilachá, onde existen unhas bodegas de orixe medieval e se celebra unha Feira do Viño. Por último, descenderemos entre viñedos ata chegar de novo as augas do Sil e, máis adiante, a desembocadura do río Lor, onde finalizaremos a nosa ruta.
Non o perdas!
Preto desta ruta podemos atopar outros miradoiros igualmente recomendables, como por exemplo o da Capela, o do Duque ou o de Souto Chao. Ademais, existen nos arredores varias bodegas onde poder degustar un bo viño e aprender acerca do seu proceso de produción.