
PR-G 236 Ruta da Castaña e do Mel

Este sendeiro circular levaranos desde a aldea de Salcedo ata o Souto de Paramedela, bordeando o val do río Lor e do río Loureiro.
Comezaremos camiñando polos arredores de Salcedo e pronto nos introduciremos por unha ampla pista de terra. Ao pouco, chegaremos a unha bifurcación onde poderemos elixir por onde seguir. De continuar pola dereita, camiñaremos por unha pista similar sen apenas desnivel entre praderías e árbores de reforestación e autóctonas. Un quilómetro máis adiante, empezaremos un importante descenso ata o fondo do val do río Loureiro, e gozaremos dunhas fantásticas vistas panorámicas sobre o val do río Lor e do río Loureiro. Especialmente boas son as vistas desde o miradoiro de Pena dos Pasos.
Continuaremos o descenso ata cruzar o río Loureiro por unha ponte de madeira e chegaremos despois ata a castiñeira de Paramedela, xestionada pola Xunta de Galicia. Aquí atópase un antigo sequeiro restaurado cuxo interior é posible visitar. Seguiremos a ruta, esta vez ascendendo, ata chegar á bifurcación co antigo camiño de Paramedela, por onde camiñaremos a partir deste punto. Este camiño lévanos a media ladeira da montaña e introdúcenos aos poucos entre as árbores típicas da zona: os carballos e os castiñeiros. Máis adiante chegaremos de novo á bifurcación inicial do roteiro e só nos quedará desandar o camiño ata o punto de inicio onde finalizaremos o sendeiro.
Ruta apta para BTT parcialmente en sentido horario.
PR-G 236 Ruta da Castaña e do Mel
Equipamento e servizos


Accesibilidade

Información e contacto

A Pobra do Brollón
Lugo