Galería
Galería

PR-G 242 Ruta Da Capela de San Vitoiro á Mina da Veneira

Sendeirismo

A ruta transcorre dende a Capela de San Vitoiro ata o Alto do Grail, atravesando diferentes puntos de interese, coma o núcleo de Covadela ou a antiga aldea mineira de A Veneira de Roques.

 

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
6,2 km
Tempo da ruta
2 h 20 min
Itinerario da ruta
Lineal
Comezo
Capela de San Vitorio, A Pobra do Brollón
Chegada
A Veneira de Roques, A Pobra do Brollón
Dificultade
Media
Desnivel
Subida: 32 m
Baixada: 487 m
M.I.D.E. 1 2 2 2

Iniciamos a ruta nos arredores da Capela, dende onde, tras un ascenso continuado duns 850m, atopamos unha derivación duns 600m que da acceso ao ‘Mirador do San Vitorio’; lugar desde onde podremos disfrutar dunhas impresionantes vistas do val e da capela antes de continuar co noso camiño.

De regreso á ruta principal, continuaremos o sendeiro durante uns 3,5 km, ao longo dos cales cruzaremos dúas aldeas escondidas na montaña: ’Covadelas’ e ’A Veneira de Roques’.

De novo en camiño, ascenderemos aproximadamente 1,3 km ata chegar ao final da ruta no ’O Alto do Grail’. No lugar do Alto do Grail atoparemos unha pequena capela, situada na área recreativa do mesmo nome, e sobre a que recaen historias de carácter milagroso. A lenda máis extendida sobre este lugar na tradición popular conta que a imaxe do ‘San Vitoiro’ aparecía unha e outra vez preto de onde hoxe se atopa a capela, e a pesar dos esforzos dos fregueses por devolvela ao lugar onde por aquel entonces se gardaba, sempre voltaba e por iso, os veciños, cansos de ter que devolver ao santo ao seu lugar de orixe, construiron alí unha nova capela para que non volvese marchar.

A aldea de ’A Veneira de Roques’ foi nas súas orixes un poboado nado para acoller aos mineiros que traballaban nos xacementos da zona. Ata os nosos días chegaron diversas probas da importancia que chegaron a acadar estas minas de ferro na zona, coma é o caso da extensa rede de galerías que aínda percorre subsolo da aldea.

PR-G 242 Ruta de San Vitorio á Mina de Veneira

Equipamento e servizos

Roteiro sinalizado

Accesibilidade

En bicicleta

Información e contacto

Enderezo

A Pobra do Brollón

Lugo