Galería
Galería

Ruta Cicloturista Centro xeográfico de Galicia dende Chantada

Cicloturismo

ATENCIÓN: Ruta non sinalizada para bicicletas. Recoméndase o uso do GPS.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
34,28 km
Tempo da ruta
2 h 15 min
Itinerario da ruta
Lineal
Comezo
Praza de Santa Ana (Chantada)
Chegada
Centro Xeográfico de Galicia
Dificultade
Extrema
Desnivel
Subida: 875 m
Baixada: 720 m
M.I.D.E. 0 0 0 0

Ruta lineal dende Chantada que conecta co Centro Xeográfico de Galicia en Antas de Ulla, discorrendo aproximadamente a metade do trazado no xeodestino Ribeira Sacra.

Sen ter cotas altas é un percorrido lixeiramente esixente pola orografía irregular da zona pola que discorre e polo seu trazado sempre ascendente. Os seus 34 quilómetros de lonxitude repártense, practicamente ao 50%, entre tranquilas pistas asfaltadas e outras con firme natural. Por iso é polo que a dificultade técnica é contida.

A contorna pola que discorre está situada nas comarcas de Chantada, Deza e finalmente na Ulloa. Xusto no límite das dúas primeiras o trazado pasa polo Monte Faro onde se pode visitar a Ermida de Nosa Señora do Faro. Sinalar que os primeiros quilómetros comparten trazado co Camiño de Santiago o que significa outro valor engadido a ter en conta e que enriquece a experiencia do ciclista.

Tipo de firme: 4% estrada (1,37 km), 51% pista asfaltada (17,57 km), 30% pista sen asfaltar (10,29 km), 15% camiños e sendas (5,05 km).

Desnivel acumulado positivo: 927 m

Accede ao PDF da ficha de ruta aquí

Ruta Cicloturista Centro xeográfico de Galicia dende Chantada

Equipamento e servizos

Aparcamento

Accesibilidade

En bicicleta
En coche