
Hotel Cardenal

O Hotel Cardenal, único de catro estrelas na cidade, atópase emprazado no corazón de Monforte de Lemos. Capital a Ribeira Sacra. A zona non só é rica en excelentes viñedos senón tamén confortada no latir da Historia, a cal, poderá ir descubrindo segundo vaia visitando o seu entorno.
Con un estilo vangardista, o Hotel Cardenal, posee unhas amplas habitacións equipadas con todo tipo de comodidades que farán da súa estancia unha experiencia inolvidable. Entre o equipamento das habitacións TV por cable, WIFI gratuíta, minibar, escritorio, baño con secador, caixa forte, domótica, aislamento térmico e acústico, etc.), cabe destacar un dos mellores sistemas de climatización e iluminación do mercado xa destacado en prensa especializada do sector.
O Hotel Cardenal acaricia por un dos seus costado ao Cabe, río de agradable recorrido que se ve atravesado pola coñecida Ponte Vella e que desfrutan os monfortinos e os seus visitantes, ademáis dunha gran diversidade de aves acuáticas tales como garzas reais, cisnes e patos de variadas especies.
Polo outro costado do Hotel Cardenal pódense contemplar as impoñentes vistas ao Conxunto Monumental de San Vicente do Pino, onde o Palacio dos Condes de Lemos, a Torre da Homenaxe e o Mosteiro de San Vicente do Pino levan observando desde o século IX o crecemento da cidade.
Esforzámonos día a día para superarnos e facer da súa estancia unha experiencia inigualable, por iso sentímonos orgullosos dos constantes eloxios que recibimos por parte dos nosos clientes, xa que nos motivan a seguir mellorando e innovando para ofrecerlle un servizo de máxima calidade.
Hotel Cardenal
Categoría

Información e contacto

Rúa das Hortas, 36
Monforte de Lemos
27400 Lugo


