Parador de Santo Estevo
No corazón da Ribeira Sacra escóndese entre un gran manto de verde arboleda o Mosteiro de Santo Estevo, convertido hoxe nun precioso Parador.
Crese que a orixe do mosteiro remóntase aos séculos VI e VII. Nel aprécianse claramente os estilos barroco e románico, con tres impresionantes claustros, un románico, un gótico e outro renacentista, polos que poderás pasear en noites tranquilas, baixo tenue iluminación e cun leve son de música relixiosa acompañándoche. A beleza e monumentalidad do edificio fixeron que fose declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1923.
77 habitacións, todas elas diferentes, algunhas ofrecen vistas á paisaxe verde e aos impresionantes Canóns do Sil. No Parador gozarás ademais dun restaurante con terraza á beira do bosque de castiñeiros, unha cafetería con terraza no claustro da portería, amplos e belos salóns, ideais para celebracións, e preciosos xardíns. A tranquilidade e a paz están ao teu alcance neste precioso lugar, que ademais conta cun exclusivo spa de incribles vistas… tan só tes que vir e aloxarche.
santo estevo
Categoría
Información e contacto
Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil
Nogueira de Ramuín
32162 Ourense