Galería
Galería

Adegas Moure - Abadía da Cova

Adegas

Ribeira Sacra representa un entorno natural único, que temos o deber de preservar, para que poidan desfrutalo, ao igual que nós, as xeracións futuras.

Somos unha pequena familia, que se ven dedicando durante xeracións a elaborar viños e augardentes no corazón da Ribeira Sacra, nun lugar máxico coñecido como “O Cabo do Mundo”.

Abadía da Cova nace co ánimo de elaborar viños, licores e augardentes coa menor intervención posible, respectando e protexendo o medio ambiente. A meta que nos marcamos desde o nacemento desta empresa, é a de manter a autenticidade e tipicidade da nosa materia prima, para que chegue aos nosos clientes coa máxima garantía de calidade e orixe.

Estamos absolutamente implicados na viticultura de precisión, a conservación do territorio, e o respecto polos valores culturais do noso entorno. Realizamos tódolos traballos de forma manual, na busca de produtos auténticos, sans e sostenibles, para alcanzar os estándares de calidade máis elevados.

Por iso non só facemos viño, senón que compartimos o noso modo de vida con aqueles que queiran achegarse ao lugar máis icónico da Ribeira Sacra para desfrutar das nosas visitas guiadas, o Miradoiro da Cova ou o Wine Bar O Faiado da Abadía. ¡Agardamos por vós para compartir a nosa historia!

Acreditada Ruta do Viño R.S.: Sí


Adrián, Paloma y José

Adrián, Paloma y José

Somos a cuarta xeración de Abadía da Cova e contarvos a historia da nosa familia é contar a historia da Ribeira Sacra, da nosa paixón pola terra, pola nosa ribeira. Só un amor así pode ser a orixe da Viticultura Heroica que caracteriza as nosas paisaxes. 

Agardámosvos cunha copa de viño no Cabo do Mundo, onde o rio Miño baila e as viñas falan.

Abadía da Cova

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

A Cova, s/n

O Saviñao

27548 Lugo

Teléfono contacto
982 453 062
Horario
Pechado por descanso do 15 de decembro ao 15 de marzo de 2024

Equipamento e servizos

Aparcamento
Servizo de wine bar
Terraza exterior
WiFi
Pago con tarxeta
Mascotas permitidas
Cómo chegar Cómo chegar