
Aerotours

Contemplar a Ribeira Sacra desde o ceo é moito máis que un voo en globo.
Dependendo das condicións e dirección do vento durante o día da actividade, o voo transcorre sobre incribles bosques de carballos, castiñeiros, pazos, o río Miño e os seus característicos viñedos en bancais case verticais. Un voo imprescindible no que os amenceres de Galicia regálannos unha visión idílica, entre bosques e brumas que se abren ao paso do globo.
Datas 2023: abril a outubro, sempre dependendo das condicións meteorolóxicas.


David Marcos
Preparados para despegar os pés do chan e empezar a voar? Abride ben os ollos, porque asegúrovos que ver a Ribeira Sacra desde un globo é toda unha experiencia! Voar nun globo aerostático é unha sensación emocionante e á vez un momento de moita paz. Ademais, co meu equipo de terra, faremos que a experiencia sexa en grao sumo divertida. Atrevédesvos?