Airas Moniz
Visitaremos unha queixería diferente, moi coñecida a pesar da súa xuventude (nacida en 2017), non só na Ribeira Sacra, senón tamén en España: gando propio, vacas de raza Jersey, pastoreo, leite cru e cámaras de maduración de pedra, ladrillo e madeira.
Nas súas instalacións poderemos coñecer de primeira man os diferentes procesos de elaboración de cada queixo e da manteiga.
No percorrido pola nosa queixería poderedes coñecer, en primeiro lugar, a historia do noso proxecto, así como as elaboracións dos nosos produtos de leite cru. Posteriormente, teredes a oportunidade de ver as instalacións da nosa fábrica, incluíndo a sala de elaboración e as cámaras de maduración, onde os nosos queixos afinan o seu carácter único co paso do tempo.
Tras coñecer o lugar no que se elabora o noso produto final, coñeceredes as nosas vacas Jersey, que pastan en liberdade arredor da queixería e son a alma do noso proxecto.
A experiencia rematará cunha degustación dos nosos queixos —Terra, de pasta branda; Savel, o noso azul; e Cithara, exclusivo de Estrela Michelin— así como da nosa manteiga Chantada. Esta estará acompañada de viños da Ribeira Sacra, que seleccionamos como exemplo dos estupendos produtos que se elaboran na nosa contorna.
Ademais, contamos con numerosos premios outorgados aos nosos queixos nos últimos anos.
As nosas visitas son de luns a domingo en horario de mañá, e as elaboracións dos nosos produtos realízanse de luns a venres. O teléfono para realizar as reservas é o 621 20 14 78, a través de WhatsApp ou chamada. Tamén se pode contactar a través do correo visitas@airasmoniz.com
Ana, Ricardo & Xesús
Ola! Somos Ana, Ricardo e Xesús, tres socios unidos por un mesmo obxectivo: invertir a tendencia do abandono do rural, compartindo a nosa paixón polos animais, o queixo e a nosa terra. Igual que o primeiro trobador que existiu nas Terras do Asma e foi precursor das cantigas, Airas Moniz, buscamos ser precursores na elaboración de queixo con leite cru de vacas Jersey en pastoreo da nosa propia explotación.
A nosa traxectoria comeza cunha transformación profunda, pasando do modelo intensivo centrado na alta produción a unha forma de traballo completamente distinta, recuperando así unha maneira de facer máis honesta e sostible.
AIRAS MONIZ
Información e contacto
Lugar de Outeiro s/n, San Salvador de Asma
Chantada
27519 Lugo
Cómo chegar
Que mellorarías?