Casa Santiago
Vivenda unifamiliar en Currelos, en pleno corazón de Ribeira Sacra.
Atopámonos no da Ribeira Sacra do Miño, nun entorno paisaxístico impactante, entre o Camiño de Inverno a Santiago e o Camiño Francés, na ribeira do embalse de Belesar, onde poderemos admirar numerosas xoias do Románico, un valioso patrimonio da cultura castrexa ou importantes mostras da arquitectura civil ou militar así como coñecer a cultura do viño gozando das vistas dos viñedos cultivados nas ladeiras do río Miño.
A casa está situada na aldea de Currelos (O Saviñao), onde temos servizo médico, farmacia, supermercados e negocios de hostalería.
Trátase dunha vivenda unifamiliar que consta de cociña, salón-comedor, 2 dormitorios dobles e 2 baños. Apto para aloxar a 4 persoas (ampliable a 6 mediante un sofá-cama de 2 prazas). Dispón de cuna para bebés.
Casa Santiago
Información e contacto
Estrada de Taboada, 20 - Currelos
O Saviñao
27543 Lugo