Catamarán Ribeira Sacra, S.L. ®

Paseos en barco

Embarque: Embarcadoiro de Abeleda (Castro Caldelas, Ourense)
Duración: 1h. 45 m. 
Itinerario: a) Travesías Embarcadoiro-Meandro da Cubela (río arriba) e/o b) travesías Embarcadoiro-Río abaixo, en función das circunstancias do encoro.

Embarcadoiro de Abeleda (Castro Caldelas, Ourense)

As nosas travesías ao longo do Cañón do Sil, nun catamarán panorámico, poden ser río arriba ata o marabilloso Meandro da Cubela, un espazo virxe ao que só se pode chegar en barco ou ben río abaixo, no que se visualizan viñedos en bancais, unha paisaxe labrada pola man que se foi conformando ao longo dos séculos.

Desde hai un ano, realizamos TRAVESÍAS CULTURAIS, nos que ofrecemos representacións teatrais dos oficios da nosa terra (afiador, barquilleiro etc.)/ etc.), actuacións musicais, danza, presentación de libros, etc.


Non o perdas!

Non pode faltar a visita a algunha das adegas da zona ou o wine tour no tren turístico Aba Sacra. Tampouco vos podedes marchar sen divisar os canóns desde algún dos miradoiros a ambas as marxes do río.

Información e contacto

Enderezo

Embarcadero de Abeleda

Castro Caldelas

Ourense

Teléfono contacto
988 215 100
Horario
Reserva previa
Prezo
13€ adultos; nenos ata 12 anos gratis; 10€ carné xove, nenos de 13 a 17 e maiores de 65 anos Consultar condicións do servizo en "RESERVAR NESTE LUGAR"
Plazas
70 Plazas
Cómo chegar Cómo chegar